Un operario da planta de Gamesa en As Somozas, en cuarentena tras viaxar a Italia

A empresa comunicoulle que terá que esperar 14 días polo protocolo que implantou a multinacional a causa do coronavirus
siemens-gamesa

Un empregado da planta de Siemens-Gamesa en As Somozas atópase actualmente nun periodo de cuarentena na súa casa, tras pasar uns días en Roma.  O traballador non presenta síntomas, pero non poderá acudir ao seu posto de traballo en catorce días por un protocolo da compañía. A dirección da planta que a multinacional Siemens-Gamesa ten situada no polígono industrial das As Somozas comunicoulle que terá que facer a cuarentena por precaución, ao tratarse dunha factoría pechada con centos de traballadores nas mesmas instalacións.

O traballador pasou catro días en Roma, a capital italiana, concretamente entre o sábado 22 de febreiro e martes 25. Ao día seguinte, incorporouse con normalidade ao seu posto de traballo, pero o xoves a empresa comunicoulle que se marchase ao seu domicilio e que non se presentase o venres.

Segundo o protocolo aprobado pola multinacional eólica é necesario que o traballador pase agora catorce días sen acudir á planta dedicada á fabricación de palas para aeroxeradores, para evitar un posible contaxio. As fontes consultadas aseguran, a pesar diso, que o operario non presenta ningún dos síntomas de coronavirus, como sufrir febre, tose ou problemas respiratorios, pero debido á aplicación do protocolo non poden permitir que acuda ao seu traballo.

De todos, tal e como informaron as autoridades sanitarias, un portador do virus pode non sufrir os síntomas, pero sí contaxiar a outros. É por iso que a empresa tomou esta decisión ante o posible risco para o resto de traballadores, que traballan nun mesmo espacio pechado uns xunto a outros.

Este operario cumpre co anunciado días atrás pola Seguridade Social, que estima que o período no que un traballador véxase sometido a un illamento preventivo forzoso será considerado como situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, incidindo en que este é o mesmo criterio que se aplicou na Gripe A e que se fixa para «garantir a protección dos traballadores durante tales períodos de illamento» e para «disipar as dúbidas» que se expuxeron.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.