Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nas últimas 24 horas non se produciron novos contaxios na área sanitaria de Ferrol, que se manteñe con 321 casos. O que sí aumentou foi o número de hospitalizados, que pasaron de 40 a 47 no día de hoxe, dos cais 12 atópanse nas unidades de coidados intensivos. O resto dos doentes, 274 casos, segue baixo vixilancia sanitaria nos seús domicilios.
A estes 321 casos rexistrados hai que sumarlle os 15 falecementos por coronavirus que se produciron nos hospitais de Ferrol dende o inicio da crise. A boa nova é que xa se produciron 44 altas hospitalarias. A área sanitaria de Ferrol traballa agora para contabilizar cantas destas altas hospitalarias e cantos dos doentes que permanecen nos seus domicilios están xa recuperados e fixeron fronte ao coronavirus de forma satisfactoria.
O Sergas continúa realizando nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal unha media de 100 test diarios, tanto no Arquitecto Marcide, que son os que teñen preferencia, como no punto fixo do Novoa Santos ou a domicilio.