A área sanitaria de Ferrol cuantificou ata hoxe 321 casos de coronavirus, só tres máis que onte. Unha tendencia á baixa que se vén producindo deden a primeira semana de abril, cando o crecemento de contaxios reduciuse ata unha media dun 3% diario, lonxe das cifras de mediados de marzo.
Dos doentes activos actualmente, 40 atópanse ingresados nos hospitais Arquitecto Marcide, Naval e Juan Cardona e destes, 12 están en estado máis grave na UCI. Os outros 281, un 88% dos doentes, están en illamento domiciliario con sintomatoloxía leve a vixiancia telefónica.
Ata o de agora producíronse 15 falecementos en Ferrol a causa do coronavirus e se deron 41 altas hospitalarias.
Discussion about this post