O litoral e a Serra da Capelada, protagonistas das cinco xeorrutas desta semana

O mércores pola mañá será a ruta das praias das areas negras, en Cedeira, e o fin de semana haberá catro rutas máis
MIRADOIRO VILARIÑO-COUCEPENIDO (1)

Iniciado xullo, os concellos integrados no proxecto de xeoparque intensifican a programación de xeorrutas con seis saídas que se desenvolverán este mércores e máis o sábado e o domingo.

A primeira é a das Praias das areas negras que baixa até Teixidelo, en Cedeira, para sorprenderse coa extraordinaria aparencia do areal, único no mundo, e cos fenómenos xeolóxicos que o orixinaron. Ten 15 prazas e desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas.

Trátase dun percorrido de dificultade alta que require bo estado de forma e roupa e calzado adecuados. Tamén é altamente recomendable levar vara ou bastón, protección solar, auga e algo de comer (froita, barras enerxéticas, mellor algo lixeiro).

O sábado pola mañá, no mesmo horario, será a Xeorruta de Limo, no concello de Cariño. Dispón de 20 prazas e trátase dun percorrido que discorre polos cantís máis verticais da Serra da Capelada, farán desta visita xeolóxica unha oportunidade única para coñecer a zona lindeira co corte costeiro de Herbeira, máis elevado pero menos pendente.

Pola tarde, de 16:30 a 20:30, é o turno da xeorruta do Cromo, que irá dende preto de Santo André até o miradoiro de Garita de Herbeira.

A ruta matutina do domingo -a Xeorruta dos Penidos– leva en Ortigueira ao lugar de interese xeolóxico de relevancia internacional (Geosite) situado na marxe sur da Serra da Capelada, previo paso polo Pozo do Inferno e a Fervenza do Casón.

A oferta de percorridos complétase de novo en Cedeira cun itinerario de baixa intensidade -a Xeorruta do Litoral– relativamente preto da vila.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.