«Rapetando historias», o novo punto lector de Cedeira para achegar a cultura ás persoas maiores

A Biblioteca Municipal López Cortón pon en marcha esta iniciativa no segundo andar do Auditorio Municipal para facilitar o acceso á lectura e recoñecer o papel das persoas maiores na conservación da memoria colectiva da vila
O novo espazo de 'Rapetando historias' na Biblioteca Pública Municipal "López Cortón" | Biblioteca Pública
O novo espazo de 'Rapetando historias' na Biblioteca Pública Municipal "López Cortón" | Biblioteca Pública

A Biblioteca Municipal López Cortón de Cedeira impulsa o proxecto Punto Lector Sénior «Rapetando historias», unha iniciativa coa que busca achegar a lectura e os recursos bibliotecarios ás persoas maiores que teñen dificultades para desprazarse ata a súa sede habitual.

O novo espazo está situado no segundo andar do Auditorio Municipal e contará cunha pequena selección de materiais de lectura para facilitar o acceso aos libros nunha contorna próxima e accesible. O obxectivo é ofrecerlles ás persoas usuarias novas oportunidades para ler, descubrir e gozar da cultura no seu día a día, avanzando cara a un acceso máis inclusivo e igualitario.

Un nome ligado á identidade mariñeira de Cedeira

A denominación «Rapetando historias» conecta a iniciativa coa identidade cultural, mariñeira e emocional de Cedeira. A rapeta, vinculada á memoria colectiva da vila, simboliza o esforzo compartido, a colaboración e a unión de moitas persoas arredor dunha tarefa común.

Esta tradición serve como metáfora do propio proxecto: do mesmo xeito que numerosas mans tiraban xuntas da rede, a biblioteca pretende sumar esforzos para achegar libros, compartir experiencias e manter vivas as historias que forman parte da identidade local.

As persoas maiores, transmisoras de memoria e tradicións

O proxecto tamén quere recoñecer o valor das persoas maiores como transmisoras de coñecementos, vivencias e tradicións que merecen ser preservados e compartidos entre xeracións.

Achegarlles os recursos da biblioteca non só facilita o seu acceso á cultura, senón que tamén pon en valor a súa memoria como parte esencial do patrimonio colectivo de Cedeira.

Con «Rapetando historias», a Biblioteca Municipal López Cortón reforza así o seu compromiso cunha cultura máis próxima á cidadanía, na que a lectura, a convivencia e a memoria compartida contribúan a manter viva a identidade da vila.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.