Cen nenos e nenas de Ferrol, Eume e Betanzos clausuran en Manzaneda a Campaña de Esquí 2020 da Deputación

Os rapaces participantes tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica deste deporte
Rapazas e rapaces de Fene en Manzaneda
Rapazas e rapaces de Fene en Manzaneda

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar gozaron a pasada fin de semana en Cabeza de Manzaneda da quinta e derradeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2020, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Aínda que con escasa neve na estación, os escolares tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica deste deporte con monitores profesionais e de participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

A deputada responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Cristina Capelán, destacou que este ano a campaña de inverno da Deputación chegou a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.