O Sergas informou hoxe dun novo falecemento dun dos doentes do área sanitaria de Ferrol a causa do Covid-19. Trátase dunha muller de 76 anos que fora diagnosticada de coronavirus e se atopaba ingresada no CHUF de Ferrol. Segundo o Servizo Galego de Saúde, a falecida presentaba algunhas patoloxías previas que agravaron a enfermidade.
Con este son xa dez os falecidos a causa do coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. As idades dos falecidos rexistrados durante esta pandemia ata agora na zona van dos 69 aos 92 anos e todos padecían algún tipo de patoloxía previa. Actualmente hai 13 persoas nas Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais do área sanitaria de Ferrol.
Discussion about this post