Esta semana comeza o pagamento das subvencións do programa «Narón impulsa»

Esta é a terceira quenda dun plan dotado con tres millóns de euros para tentar axudar aos autónomos e empresas locais a paliar a crise provocada pola Covid-19
76747341_2475666302690760_5665768540163014656_o

O Concello de Narón anunciou que esta mesma semana procederase a pagar unha partida global de 178.000 euros a un total de 79 empresas e persoal autónomo da cidade. Sendo esta a terceira quenda completarase o pago das axudas do programa municipal «Narón impulsa», dotado con tres millóns de euros e a través do que dende o Concello tenta paliar os graves efectos da Covid-19 en empresas locais.

A listaxe ao completo cos números de expediente das empresas beneficiarias desta última quenda das subvencións pode consultar na Sede Electrónica do Concello, na resolución final de aprobación e denegación de axudas -co correspondende motivo-, a través do enlace: https://cutt.ly/SfnaNDe.

1.318.000 euros en axudas

A rexedora local, Marián Ferreiro, explicou que das 79 empresas contempladas nesta última listaxe, un total de 65 recibirán unha contía de 2.000 euros, oito cobrarán 3.000 e as seis restantes 4.000 euros cada unha. «En total, a través do programa «Narón impulsa», 600 empresas e persoal autónomo que cumpriron os requisitos da convocatoria recibiron xa nalgún caso e recibirán no caso destas 79 empresas, axudas por importe de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros, e que suman en conxunto 1.318.000 euros, cantidade aportada dende as arcas municipais para axudar ás empresas da nosa cidade», destacou a alcaldesa.

Axudas ao sector empresarial

Moitos sectores como o hosteleiro sufriron unhas grandes pérdidas debido a actual crise sanitaria, sendo obrigado en moitos casos a pechar tras decretarse o estado de alarma ou mermando os seus ingresos considerablemente, polo que estas axudas municipais contribuirán a reducir esas pérdidas económicas neste proceso de «nova normalidade».

Ferreiro destacou «o intenso traballo que nos últimos meses se levou a cabo dende o Concello para que estas axudas sexan unha realidade e para tratar de axilizar na medida do posible todos os trámites precisos para garantir o cumprimento dos requisitos estipulados para que realmente cheguen ás persoas que máis precisan nestes momentos destas axudas e tratar de manter o emprego xerado na nosa cidade, obxectivos para os que se impulsou o programa Narón impulsa».

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.