Galicia ten actualmente 47 pacientes ingresados nas unidades de coidados intensivos, o que supón un 17% do límite que poderían acoller as UCI das áreas sanitarias que xestiona o SERGAS, conformado actualmente por 274 camas. Se a pandemia segue crecendo e o número de ingresados aumenta, unha vez acadado o pico, ¿podería colpasarse o sistema de saúde público galego?
Agora mesmo un 83% das camas para pacientes máis graves están libres e todavía hai marxe para asumir máis pacientes críticos, polo que é sinxelo facer unha perspectiva do escenario necesario para alcanzar o colapso. Se cos actuais 270 hospitalizados acádase un 17% de ocupación nas UCIS, pódese estimar farían falta aproximadamente 1.588 galegos ingresados ao mesmo tempo para que as UCI do SERGAS estivesen ao 100%. É dicir, 1.380 hospitalizados máis cos actuais.
Este escenario levaríanos, do mesmo xeito, a unha proxección de máis de 6.000 positivos, fronte aos 1.170 que hay rexistrados ata onte. Aínda que non parece unha situación que se poda acadar fácilmente e nun curto espazo de tempo, a Xunta xa está empezando a barallar algunhas alternativas para poder dar solución a este hipotético problema.
Cabe destacar que antes da crise había unhas 160 camas UCI en Galicia, pero o goberno galego aumentounas nun 71%, ata as 274 actuais.
Discussion about this post