O comité de empresa de Noa Madera Creativa levou a cabo esta mañá unha concentración de protesta ás portas das instalacións empresa, no polígono de Vilar do Colo, para reivindicar a continuidade da actividade na fábrica despois de que o Grupo Malasa anunciara un ERE de extinción para a metade do cadro de persoal (78 persoas) e un ERE temporal de 15 meses de duración para o resto (outras 78 persoas).
A protesta realizouse coincidindo coa recollida do permiso retribuído “ata novo aviso” para 30 traballadores que a dirección da empresa comunicou durante a reunión do periódo de consultas do pasado venres.
Discussion about this post