Ferrol é a área con maior porcentaxe de sanitarios contaxiados por Covid-19 de Galicia

Un informe do Sergas contabiliza en 82 os casos de profesionais infectados na zona
Hospital_Arquitecto_Marcide_Ferrol_A_Coruña_Galiza (1)

Un dos problemas ao que tivo que enfrontarse o sistema sanitario foron os contaxios dos profesionais que traballan a diario nos hospitais con pacientes infectados. Unha situación que, segundo un informe do Servizo Galego de Saúde remitido ao Ministerio de Sanidade -ao que tivo acceso o xornal La Voz de Galicia-, foi especialmente acusada en Ferrol.

De acordo con este documento, na área de Ferrol ata un total de 82 profesionais sanitarios están ou estiveron contaxiados polo Covid-19, o que supón un 17,5% do total de casos diagnosticados, que foron 468 segundo se especifica neste documento. Esta cifra supón o maior porcentaxe de Galicia xunto con Lugo e contrasta con outras, como Vigo, onde só o 5% dos sanitarios víronse contaxiados. Os datos de Ferrol están en consonancia coa media española, na que se estima que un 17% dos casos corresponde aos profesionais que traballan nos hospitais.

No caso de Ferrol, de acordo con este informe do Sergas, 24 dos contaxiados serían persoal facultativo, 48 persoal non facultativo, 2 directivos e 8 persoal non sanitario.

Relacionadas