Ao longo destes días o Tercio do Norte, unidade da Forza de Protección da Armada con base en Ferrol, incrementará as súas actividades de apoio á operación BALMIS.
Ás patrullas de presenza da Policía Naval que xa vén realizando esta unidade, desde o inicio da operación, polos diferentes municipios da comarca e o apoio loxístico materializado no apoio á instalación do albergue provisional para persoas sen fogar en Ferrol, únese no día de hoxe o comezo das actividades de desinfección básica de instalacións, tras finalizar o período de formación e integración da compañía de apoio do persoal do Corpo Xeral da Armada das distintas unidades con base en Ferrol.
No día de onte, esta compañía de apoio formada por persoal da escola Antonio Escano, escola de especialidades da Graña, 31ª Escuadrilla de Escoltas e Arsenal de Ferrol acometerá as desinfeccións exteriores de ASFEDRO, Cáritas, a Cociña Económica, o Centro “ Dignidade”, o cemiterio e a pasarela de Santa Mariña.
Con este novo fito, todas as unidades da Forza de Protección da Armada completan o apoio en todas as capacidades solicitadas, seguridade, apoio loxístico e apoio sanitario, manténdose en todo momento alistadas para calquera labor que se lle poida demandar.
Discussion about this post