A búsqueda do pescador desaparecido amplíase a desde Cabo Prior a Meirás e A Frouxeira

Mañá podería suspender o operativo ata o fin de semana, cando se cumplan sete días desde que o home se precipitou ao mar

Hoxe cúmprese o terceiro día de búsqueda do pescador desaparecido o pasado domingo na contorna de Cobas. Medios marítimos, aéreos e terrestres continúan co operativo para tratar de atopar o corpo do veciño de Freixeiro de 59 anos que presuntamente caeu ao mar cando pescaba nunha zona de cantís próxima á cetárea. Onte saltaron todas as alarmas cando un pesqueiro atopou o corpo dun home flotando preto de Prioriño Chico, pero os investigadores concluíron que non se trataba do pescador desaparecido.

Polo tanto, desde as 09.00 horas de hoxe retomaron as labores de búsqueda a Salvamar Betelgeuse, o Helimer 402, a patrulleira Río Andarax e unha lancha dos GEAS da Garda Civil, ademáis de bombeiros de Ferrol, Protección Civil, Policía Local e Nacional.

Neste terceiro día, a estratexía que coordina o Centro de Salvamento Marítimo da Coruña mudou respeto ás pasadas xornadas, onde se acotou a zona de rastrexo desde o suposto lugar da caída ata Cabo Prior. O cambio das mareas nas últimas horas e os pronósticos de derivas fixeron que a búsqueda se ampliase hoxe ata Meirás e A Frouxeira.  Segundo anunciaron os coordinadores do operativo, probablemente mañá suspenderase a búsqueda ata o próximo domingo, que se cumplirá o sétimo día desde que presuntamente o home caeu ao mar, un protocolo habitual nos casos de afogamento.

Salir de la versión móvil