Sobres as 13.30 horas un pesqueiro que faenaba preto do litoral de Cabo Prioriño avistou un corpo flotando, e inmediatamente deu o aviso a Salvamento Marítimo. Esta unidade mobilizou á zona á Salvamar Betelgeuse, a encargada de recoller o corpo sen vida e de desembarcalo no peirao de Oza, na Coruña, ás 16.30 horas.
Nun primer momento pensouse que o cadáver atopado pola tripulación do pesqueiro “Primero Victoria” podería corresponderse co pescador de 59 anos pertencente a Freixeiro, o cal desaparecera o pasado domingo sen deixar máis probas que o seu vehículo estacionado na cetárea de Covas.
Porén, as características do corpo -vestido con roupa negra e zapatillas brancas- nin a idade coincidían polo que, por un lado, continúa activo o dispositivo de búsqueda do pescador de 59 anos de Narón e, por outro lado, a Policía Xudicial da Garda Civil que é quen está a tratar o novo caso está tratando de identificar ao novo cadaver atopado a tan só unha milla e media de Cabo Prioriño.
Discussion about this post