A deseñadora ferrolá María Barcia doa 300 máscaras aos xulgados do partido xudicial

A xuíza decana, Amelia Pérez Mosteiro foi a encargada de recibir o material confeccionado polo persoal do taller de moda
WhatsApp Image 2020-04-28 at 14.12.12

A deseñadora de moda María Barcia doou 300 máscaras aos xulgados de Ferrol. Hoxe pola mañá a empresaria fixo entrega do material de protección, que foi confeccionado por persoal do seu taller e outras modistas, á xuíza decana, Amelia María Pérez Mosteiro. Estas máscaras súmanse ás achegadas polas administracións.

Desde o pasado venres, a Xunta e o Ministerio de Xustiza puxeron á disposición dos xulgados de Ferrol 350 máscaras, 35 botes de xel hidroalcohólico de medio litro e 700 luvas, aos que se engaden as 300 máscaras doadas pola deseñadora ferrolá e os outros envíos institucionales chegados con anterioridade. Barcia e o seu equipo pretenden, con este xesto solidario, mostrar o seu «agradecemento, agarimo e admiración» a todo o persoal de Xustiza, que presta un servizo esencial á cidadanía, polo que é fundamental que sigan nos seus postos de traballo durante o estado de alarma.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.