A escritora ferrolá Arantxa Serantes recupera a memoria da mestra e inventora Ángela Ruiz Robles

A obra trata de pór en valor a labor de moitas mulleres que dedicaron a súa vida a pedagoxía e á ciencia
D7C-X71XYAA6VpG

A mestra, escritora e inventora Ángela Ruiz Robles, leonesa de nacemento e ferrolá de adopción, foi unha muller adiantada ao seu tempo en moitos aspectos. Chegou a Ferrol con 23 anos para traballar de mestra en Santa Uxía de Mandiá, implicándose na aprendizaxe do seu alumanado e axudando tamén aos pais a ler e a escribir. Pero o seu ánimo innovador levouna máis lonxe e, un tempo dospois, inciouse nun proxecto revolucionario que poñería as bases de moitos dos aparellos que usamos hoxe en día: creo un libro mecánico, o precursor do libro electrónico.

A figura de Doña Angeliña, como a chamaban os seus alumnos, foi digna dunha novela ou dunha biografía, pero durante moitos anos caeu no olvido. Sen embargo, chamou a atención doutra escritora ferrolá, Arantxa Serantes, que quixo render tributo a esta muller vangardista e, por extensión, a moitas outras. «Cando coñecín a historia de Ángela Ruiz, sentín a necesidade de dar a coñecer e divulgar non só a súa figura, senón a de outras tantas mulleres que no seu día non tiveron este recoñecemento, sobre todo no campo STEM (STEM é o acrónimo dos termos en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics).

Gracias á Lela Edicións, logrou poñer en marcha o libro titulado «O valor das ideas: a precursora do libro electrónico. Pequena biografía de Ángela Ruiz Robles», unha obra dirixa aos máis novos e que pretende pór en valor a labor pedagóxica e científica de moitas mulleres que non tiveron tal recoñecemento. O libro conta, ademáis, con material interactivo a través duns códigos QR, unha carta da bisnieta da inventora, vocabulario e bibliografía, redes sociais e unha web dedicada ao libro, que se irá ampliando con material didáctico e multimedia.

Na súa labor divulgadora, Arantxa Serantes xa recorreu boa parte da comarca realizando contacontos infantís para dar a coñercer o seu libro e, sobre todo, a pegada da mestra Ángela Ruiz. «Cando esta situación remate, esperamos volver a poder retomalos e seguir percorrendo da mán de Ángela moitos colexios e escolas das comarcas de Ferrolterra», explica a autora ferrolá.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.