A web de empresas promovida polo Concello de Ferrol conta xa con cerca de 50 establecementos

Os clientes terán actualizados os medios de contacto de cada negocio e os servizos que ofrecen
DSC_2053

O directorio de empresas que o Concello de Ferrol puxo en marcha para informar sobre os negocios que están a prestar o seu servizo durante o estado de alarma conta xa con preto de cincuenta establecementos.

Os datos que indicarán son, entre outros, o tipo de produtos ou servizos que ofrecen, se os locais permanecen abertos, o horario de atención ao público, a posibilidade de efectuar compras a domicilio e as condicións deste servizo ou os métodos para realizar pedidos, facilitando a súa páxina web, o seu teléfono de contacto, o seu número de WhatsApp ou o seu perfil de Facebook.

A curto prazo, esta páxina web servirá para proporcionar á cidadanía datos actualizados sobre os medios de contacto e os servizos que ofrecen os establecementos, como o reparto de produtos a domicilio, facilitando deste xeito a realización das compras nestes días de confinamento.

Pero toda esta información que se recolla tamén servirá de base para crear unha aplicación de venda on-line para os negocios locais. A intención é que esta app teña un funcionamento similar ao de calquera das plataformas de comercio electrónico que funcionan na actualidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.