A Xunta fará, entre hoxe e mañá, un segundo envío de máis de 7.623 unidades de material de protección para a cidade Ferrol. En total, serán 3.098 mascarillas, 5.000 guantes e 41 traxes. O Goberno galego xa repartiu nesta cidade nun primeiro envío de material de protección 5.164 mascarillas, 10.000 luvas e 82 traxes. Esta partido súmase á realizada a pasada semana que incluía máis de 15.000 EPI’s.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.
Discussion about this post