A concellería de Benestar Social de Ferrol presentou hoxe os borradores das bases para as axudas á escolarización e das becas de comedor escolar para o próximo curso escolar 2020-2021, que deberán ser aprobadas en pleno. As axudas á escolarización están dirixidas a os menores de idade que residan en Ferrol matriculados nun centro de ensino da cidade para cursar educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional básica ou formación profesional de grao medio.
A contía da axuda ascende a 95 euros por neno, que deberán destinarse á adquisición de material escolar ou roupa deportiva. Con elo, explicaron desde o goberno local, buscan “dar resposta ás necesidades escolares do alumnado cuxas familias manifesten estar a ter dificultades económicas que lles impidan facer fronte aos gastos do inicio dun novo curso”, dixo. O orzamento destinado a estas axudas ascende a 90.000 euros.
A concellería tamén presentou o borrador das bases reguladoras da concesión de becas de comedor escolar para o próximo exercicio escolar. O orzamento destinado a estas becas, que cobren a totalidade do coste das comidas dos escolares, é de 280.000 euros.
Discussion about this post