O primeiro día de estado de alarma nas comarcas de Ferrolterra transcurriu entre dúbidas, incertidumes e suspicacias entre os veciños dos concellos da zona. As forzas e corpos de seguridade do estado fixéronse máis visibles que nunca dende primeira hora da mañá para facer cumprir o novo ordenamento social.
A rotonda do diapasón en Esteiro, a rontonda de Frexeiro en Narón, a saída das Pías dirección Ferrol e outras estradas como a carrertera xeral de Covas, foron algunas das vías nas que se impuxeron os controis por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado.
Nos centros das cidades e das vilas, os comercios que sí tiñan autoridade para abrir -tendas de alimentación e estancos- tiveron que impoñer os novos criterios dictados polas autoridades sanitarias. Nas panaderías os clientes facían colas para entrar en pequenos grupos e evitar aglomeracións. Os buses transitaron vacíos polas estradas das comarcas e os cans foron a mellor excusa para saír á rúa.
A pesar das normas que se dictaron con especial claridade por parte do goberno central, a Policía e a Garda Civil veuse obligada a apercibir verbalmente a máis dun conductor que decidiu saír da súa casa sen unha xustificación de forza maior, como as que contempla a nova regulamentación.
Tralas primeiras horas do estado de alarma, a Policía Local de Ferrol solicitaba que se respectasen “as normas excepcionais, nunha situación excepcional”, ao tempo que mostraba comprensión polas incertezas que poidan xurdir nos primeiros días.
Prevese que a actividade sexa maior a partir de mañá, cando moitos veciños e veciñas da comarca teñen que retomar os seus quefaceres diarios que impliquen, por exemplo, desprazamentos en coche. As autoridades informaron ao respecto que as persoas que se atopen nesta situación deben solicitar un certificado da súa empresa informando da necesidade de asistir ao centro de traballo.
Discussion about this post