Os bos datos que vén recollendo a área sanitaria de Ferrol en relación coa expansión do coronavirus nas comarcas veuse hoxe ensombrecida polo falecemento de catro persoas diagnosticadas por Covid-19. O Sergas anunciou pasadas as 21.00 horas dúas novas mortes na xornada de hoxe: a de unha muller de 74 anos e un home de 88, ámbolos dous ingresados no CHUF.
Únense aos outros dous falecementos rexistrados esta mañá e que elevan o número de vítimas mortais a 31 persoas relacionadas co Covid-19 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Tres das vítimas eran residentes de centros de maiores e o resto faleceron nos centros hospitalarios de Ferrol.
Discussion about this post