O Goberno central vén de habilitar 37 establecementos turísticos de Galicia para que poidan aloxar durante o Estado de Alarma a traballadores de servizos básicos e cidadáns que viaxen ao abeiro dalgunha das excepcións previstas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. Entre eles atópanse o hotel Carrís Almirante, no barrio da Magdalena e o hotel Valencia, la estrada de Catabois.
Segundo se explica na orde ministerial, a apertura destes establecementos será considerado esencial e deberán permanecer en funcionamento. Dacordo con este regulamento, estarán pechados ao público xeral, pero acollerán a traballadores de servizos básicos, como profesionais sanitarios, transportistas, membros dos corpos de seguridade, responsables dos sistemas de redes ou eléctricos.
Ademais, permitirán que se aloxen cidadáns que viaxen por algunhas das excepcións establecidas no estado de alarma, especialmente se o fan para coidar a maiores, menores, discapacitados ou persoas especialmente vulnerables ou con necesidades de atención sanitaria. Tamén poderán dar servizo a todas aquelas persoas que por causa de forza maior ou situación de necesidade requiran asegurar aloxamento puntual con urxencia.
Discussion about this post