O BNG de Ferrol propón levar o pleno ao teatro Jofre para permitir a participación cidadá

Lembran que outros concellos xa veñen desenvolvendo estas reunións fora dos salóns de plenos dos pazos municipais

O BNG de Ferrol propuxo hoxe recuperar o funcionamento presencial da vida municipa “para non mermar os dereitos dos veciños da cidade a poder participar de xeito activo na vida política” como viña acontecendo antes da pandemia da Covid-19. Neste contexto, cree o partido nacionalista que a presencia de cidadáns nas sesións plenarias, tanto como observadores como participando nas mesmas, “é un obxectivo a acadar e que é perfectamente asumible”.

É por isto que o BNG propón que a partir deste momento as sesións plenarias pasen a desenvolverse no Teatro Jofre, “visto que o salón de plenos do pazo municipal, non está preparado para acoller sesións plenarias coas novas directrices marcadas polas autoridades sanitarias”, explican os de Iván Rivas.

“Lembramos que outros concellos do noso país xa viñan desenvolvendo estas reunións fora dos salóns de plenos dos pazos municipais e ademais é unha medida que a propia lexislación xa contempla”, din desde o Bloque. Para o grupo municipal o obxectivo prioritario debe ser “garantir os dereitos dos veciños e veciñas de participación tanto na vida municipal”.

Salir de la versión móvil