O BNG propón peatonalizar o centro de Ferrol «aproveitando a actual situación»

Os nacionalistas reclaman máis espazo para os peóns na cidade e restrinxir o tráfico rodado a algunhas rúas
DSC08142

O Bloque nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción ao pleno do vindeiro xoves na que propón que se aproveite a actual limitación de tráfico para iniciar o camiño da peonalización integral do barrio da Madalena. Así mesmo os nacionalistas instan ao goberno local a «habilitar espazos públicos que prioricen o tránsito peonil e a desenvolver un estudo de cara a establecer zonas e percorridos peonís noutras zonas da cidade que poderán ter a condición de carácter temporal ou definitivo»

O BNG considera que a situación da mobilidade urbana en Ferrol «precisa dunha revisión urxente e que este é o momento de executar proxectos, como a peonalización do barrio da Madalena, que a cidade leva anos agardando». Esta medida ademais, din os nacionalistas, «contribuirá a posta en valor do casco histórico e a súa revitalización».

«É o momento de tomar decisións, de planificar medidas concretas que redefinan os ámbitos peonís e os de tráfico rodado da cidade fuxindo da adopción de medidas baseadas na improvisación. Cómpre aproveitar sinerxias positivas como a apertura da renovada praza de Armas para avanzar definitivamente no proceso de peonalización permanente que esta cidade precisa e ao que os gobernos locais sempre se mostraron recelosos», explicou o voceiro do Bloque, Iván Rivas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.