O Concello de Ferrol habilita unha web máis de 40 ofertas culturais gratuítas

A proposta inclúe plataformas que permiten visualizar obras teatrais, zarzuelas, óperas, concertos, películas, conferencias, visitar virtualmente museos e acceder a libros de balde
1514918517_154460_1514918594_noticia_normal_recorte1

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Cultura e Educación vén de publicar na mañá de hoxe na sección de Destacados do portal municipal ferrol.gal unha relación de máis 40 propostas culturais online e gratuítas dirixidas a todos os públicos co obxectivo de amenizar o confinamento decretado tras declarar o Goberno central o estado de alarma.

A oferta divídese en artes escénicas, concertos, museos, cine, libros e acceso a conferencias. En canto ao primeiro apartado, desde o Concello propóñense plataformas como a de Inaem, que abre á cidadanía a posibilidade de ver obras de teatro, danza, ópera e os últimos espectáculos do Teatro da Zarzuela. Inclúe tamén un acceso ao arquivo de RTVE, onde poden encontrarse obras de teatro clásicas e modernas
representadas en Televisión Española e numerosos enlaces a iniciativas privadas abertas ao público, como a da compañía Pentación con Fedra, estreada no Teatro Romano de Mérida, ou Todas las noches y un día, con Carmelo Gómez.

Neste apartado poden encontrarse tamén propostas para o público xuvenil da man das compañías The Cross Border Project e La Joven e por suposto para os pequenos, con representacións como Caperucita, de Tropos o El viaje de Alicia, da compañía da danza Fernando Hurtado.

No apartado de música, desde a concellería de Cultura proponse os concertos do arquivo da Filarmónica de Berlín, que ata o 31 de marzo e a través dun código poden visualizarse de forma gratuíta, e tamén o Cuarentena Fest, entre outros. Durante o tempo que dure o estado de alarma poden realizarse visitas virtuais e actividades en familia que proceden de salas tanto nacionais —o Museo do Prado, o Macba, o Reina Sofía, o Thyssen-Bornemisza e o Museo Arqueolóxico Nacional— como internacionais, como o Museo de Arte Moderno MOMA de Nueva York ou o Louve de París.

En canto ao cine, a concellería de Cultura do Concello suxire consultar a plataforma Festival Renor Vanguardias, que propón unha película para cada día da semana, achegarse a algúns dos curtametraxes abertos ao público da última edición do Festival de Cine de Gijón e visitar a web eFilm. Para os amantes da lectura, editoriais como Planeta, Nubico, Anagrama, Roca Editorial o Villegas permiten acceder de forma gratuíta a varios dos seus títulos. Por último, a plataforma TedTalks divulga conferencias de personaxes relevantes sobre diversos temas.

Máis iniciativas nos próximos días

Ademais da ferramenta publicada hoxe na páxina web municipal, desde outras concellerías tamén se está a traballar en moitas outras iniciativas con actividades de ocio no fogar que se poñerán en funcionamento nos próximos días.

O concelleiro de Educación e Cultura explicou que desde o Concello se están a poñer “todos os nosos medios para protexer á cidadanía” e tamén para “acompañala nestes días tan difíciles”. Con estas propostas culturais “buscamos que o seu confinamento sexa máis levadío da man da cultura”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.