O Concello de Ferrol repartirá 6.000 máscaras máis, enviadas pola Deputación

Hoxe mesmo distribuíronse entre os mercados municipais outras 500 unidades, 1.000 guantes de vinilo, 2.500 de plástico entre os clientes, 5 botes de hidroalcohol de medio litro e 3 garrafas de 5 litros
DSC_0400

O Concello de Ferrol vai a repartir 6.000 máscaras máis, enviadas onte pola Deputación da Coruña, entre a poboación da cidade e os profesionais que as precisen para desenvolver o seu traballo, co fin de combater a propagación do COVID-19. O alcalde, Ángel Mato, acompañado pola deputada provincial e concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, e o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, recibiu no día de onte todo o material no antigo Hospicio de Ferrol, desde onde se distribuirá ao longo dos próximos días.

“Esta entrega é un exemplo máis de que todas as administracións estamos a traballar e a colaborar para
frear a expansión do virus”, explicou Mato. Ademais da próxima entrega das 6.000 máscaras enviadas dende a Deputación provincial, o Concello vén de repartir esta mesma mañá máis material de protección entre os traballadores e clientes dos mercados municipais da Magdalena, Recimil e Caranza.

O edil Germán Costoya informou de que no primeiro repartiu outras 200 unidades, 400 luvas de vinilo, 1.000 de plástico para clientes, 2 botes de hidroalcohol de medio litro e unha garrafa de cinco litros. No de Recimil entregouse o mesmo material, e no caso do de Caranza repartíronse 100 máscaras hixiénicas, 200 luvas de vinilo, 500 de plástico, un bote de xel de hidroalcohol de medio litro e unha garrafa de cinco litros. Desde o Concello, explicou o edil, “estamos a poñer a disposición da nosa cidadanía todos os medios de protección que temos a noso alcance”.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.