Os comerciantes de Ferrol esixen a suspensión dos impostos municipais

Ademáis reclaman aos propietarios dos locais flexibilidade cos negocios alugados
ee8400f8337d9f379bb97719eabf9953

O Centro Comercial Aberto de Ferrol-A Magdalena reclamou hoxe ao goberno de Ferrol “a suspensión temporal de todos os impostos” municipais, como o Imposto de Bens Inmobles (IBI), o imposto de rodaxe ou o de imposto terrazas. Desde a entidade de comerciantes tamén se esixe a paralización da cobranza dos recibos de Emafesa xa que os establecementos non están a facer uso destes servizos.

“Levamos xa 18 días cos negocios pechados, e a perspectiva non é nada boa, moitos compañeiros empezan a ter serias dificultades non só para o futuro do seu negocio senón para facer fronte aos gastos básicos”, aseguran nun comunicado. O colectivo que preside Cristóbal García Nores explica que “nestas circunstancias, consideramos que é o momento de esixir aos nosos políticos que estean ao noso lado, apoiando e axudando a superar esta grave crise”, ademais de criticar que “polo momento non tivemos noticia algunha nin achegamento ao noso colectivo por parte do goberno municipal”.

Aluguer dos locais

Outra das preocupacións dos comerciantes do Centro Comercial Aberto A Magdalena é o alugueiro dos establecementos. Por iso tamén fan un chamamento aos propietarios dos locais comerciais para que “faciliten a negociación cos seus arrendatarios sobre o pago dos alugueres”, xa que estiman que desta flexibilidade “vai depender, en moitos casos, a supervivencia do negocio”.

Recordan que como estas actividades foron suspendidas polo Real Decreto 463/2020, atópanse ante un suposto de «exoneración de rendas por forza maior» e por iso o arrendatario quedará exonerado do pago da renda desde a data de entrada en vigor do Real Decreto. Con todo, creen que a mellor solución é buscar un acordo negociado entre ámbalas dúas partes para que esta situación non supoña un dano aos propietarios.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.