O persoal do hospital Juan Cardona protagonizou esta mañá unha as portas do centro sanitario para mostrar o seu rexeitamento ás medidas de recorte salarial que anunciou a xerencia recemente. Según explicaron desde o comité de empresa serán uns 200 euros mensuais menos -en nóminas duns 1.200- os que percibirán os traballadores correspondentes aos pluses de gratificación de nivel e asistencia.
Os representantes dos traballadores lembraron “as duras condicións” nas que veñen traballando nos últimos meses para facer fronte á crise do coronavirus e denuncian as desigualdades e os agravios que sofren fronte aos traballadores do sector público.
A decisión, que supostamente foi tomada de forma unilateral e sen negociación coa parte social, respondería aos baixos ingresos obtidos durante os últimos meses neste centro de titularidade privada, aínda que concertado co Sergas. “Dixéronnos que a situación económica non era boa, que a facturación baixara moito e que tiñan que adoptar medidas extraordinarias”, explican desde o comité. Os traballadores denuncian que están a pagar eles “a mala xestión da empresa”.
Os sindicatos xa advertiron que unha vez executada a supresión dos pluses, además de continuar coas movilizacións e as protestas, van recurrir á decisión pola vía xudicial, xa que, explican, a xerencia debe avisar con quince días de antelación unha modificación sustancial das condicións contractuais como esta.
Discussion about this post