A Policía Local de Ferrol estableceu entre a última hora da tarde de onte e a madrugada de hoxe, con motivo do entroido, un dispositivo de prevención coordinado co corpo municipal de Narón e a Garda Civil durante o que se realizaron arredor de 330 test de alcoholemia e drogas en rúas e estradas de ambos municipios.
Como resultado dos controis, foron denunciados cinco condutores por dar resultados de alcohol superiores aos permitidos, e tres máis, por conducir con presencia de substancias estupefacientes no organismo. Tamén se abriron dilixencias contra otros dous por delictos contra a seguridade viaria, nun caso por superar os 0,60 mg/l de alcohol, e noutro, por conducir sen ter o permiso en vigor por ter perdido todos os puntos.
De todas as probas practicadas, case a totalidade dos positivos rexistráronse nas realizadas durante a noite e a madrugada, que foron un total de 66. Dúas das persoas que foron denunciadas por conducir baixo a influencia do alcohol eran un matrimonio. Tanto o home coma a muller foron parados nun control cando ían ao volante de cadanseu vehículo.
Discussion about this post