Tendedeiros revindicativos en Ferrol e Narón

A plataforma cidadá 8M Ferrolterra levou a cabo esta fin de semana unha acción de protesta denunciando o papel da muller nos coidados domésticos
8m

A plataforma cidadá 8M Ferrolterra realizou esta fin de semana os primeros actos reivindicativos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo. Partindo da praza da Gándara en Narón, un grupo de mulleres foi colgando tendedeiros de mandis e roupa por puntos de Ferrol e Narón represenando a labor da muller nos coidados, o traballo na casa, o coidado dos nenos, dos pais e dos enfermos, «que derivan non só en fatiga física tamén en carga mental que tamén incide na saúde da muller», explicaron dende a asociación.

Este ano dende Galegas 8M quérese incidir neste aspecto da opresión cara a muller «moi invisibilizado e pouco tido en conta, considerada como unha obriga innata, non agradecida nin remunerada», denuncia a plataforma.

Viaxe a Verín

Así mesmo queremos informar que o día 1 de Marzo partiran de As Pontes e Ferrol buses cara Verín para participar na mobilización nacional do feminismo galego.

A asociación informou da viaxe que organiza a Verín con motivo dunha grande manifestación galega. Un bus sairá das Pontes  as 07:30, pasará por San Sadurniño (diante do concello), por Narón (Cocheras) e outro de Ferrol (as 08.00 horas dende o monumento 10 de Marzo) pasando polas paradas de liña regular de Caranza e Fene ata Vilar do Colo.

O bono custa 8 euros e pódese mercar nos locais e sindicatos indicados no cartaz, en casa de dúbida mandar email a [email protected] ou chamar ao 630 21 98 61

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.