Un detido e dúas mulleres denunciadas foi o saldo da pelexa entre clanes de etnia xitana que se viviu onte no centro de Ferrol a primeira hora da tarde. Os veciños da praza das Angustias e de Pardo Bajo deron aviso á Policía de que varias persoas estaban lazando pedras e varas a outra familia que vive na zona.
Segundo explicou a policía, a riña comezara un día antes no barrio de Recimil, onde residen unha das familias implicadas. Os gritos e as ameazas de morte non se quedaron soamente na rúa e tamén se trasladaron ás redes sociais, onde un dos implicados subiu unha fotografía cargando con munición unha pistola cun texto que dicía: «que tengan cojones y vengan a mi casa».
No transcurso da pelea de onte, detívose a un home que tiña unha orde de búsqueda e captura.