Un libro para que os máis pequenos adquiran hábitos saudables

O Concello de Ferrol promove unha campaña coa que entregará a todos os centros escolares de educación primaria de Ferrol o libro ‘Lapis Verdes. Unha ollada a Viladoce’
khamkhor-WhQAZy14xZU-unsplash

O Concello de Ferrol está a promover o comercio local e os produtos de proximidade cunha nova iniciativa que neste caso chega aos centros escolares da cidade co obxectivo de animar aos máis pequenos a consumir alimentos locais e manter hábitos saudables.

Nas próximas datas, a Administración local entregará a todos os centros escolares de educación primaria de Ferrol, tanto públicos como concertados, un total de 25 exemplares do libro ‘Lapis Verdes. Unha ollada a Viladoce’, con texto de Miguel Anxo Romero e ilustracións de Leandro Lamas.

O concelleiro de Mercados, Germán Costoya, explicou que se trata dunha “pequena e dinámica obra” dirixida a os máis pequenos que aborda “no escenario dunha bonita vila denominada Viladoce a importancia de manter hábitos saudables e unha boa alimentación baseada en produtos locais de proximidade, con gran presenza das froitas e verduras, e a necesidade de coidar e respectar a nosa contorna a partir de pequenos xestos”, como separar o lixo ou facer un uso responsable da auga ou da enerxía.
O libro, ademais, contén varias actividades coas que os equipos educativos dos centros de Ferrol poderán traballar nas aulas e “lembrar a importancia de coñecer os nosos mercados municipais, onde atopamos excelentes produtos locais”.
Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.