Un novo detido en Ferrol por infrinxir o confinamento e desobedecer á Policía

Xa son máis de 130 persoas as sancionadas só na cidade departamental dende que se decretou o estado de alarma
controlpolicialocalferrol

A Policía Local de Ferrol informou da detención dun individuo o pasada tarde foi interceptado por dous axentes cando paseaba pola rúa de forma inxustificada. O home foi advertido por unha patrulla ás 10.00 horas. Media hora máis tarde os mesmos axentes volvérono ver paseando e o home foi sancionado por pasear pola rúa sen xustificación. Pero lonxe de depoñer a súa actitude, este peón volveu ser localizado as 13.00 horas e foi finalmente detido.

Durante a xornada do venres realizáronse na cidade de Ferrol 208 controis a vehículos para evitar os desprazamentos inxustificados e emitíronse 5 denuncias en total. Con estas xa son 135 as sancións impostas polas forzas do orde dende o pasado día 16 de marzo.

 

 

O Concello de Ferrol lembra a obriga de cumprir as medidas contidas no decreto e pide a colaboración dos cidadáns. Recorda tamén que o incumprimento podería derivar en diferentes sancións recollidas na lei. Feitos como a retirada de valados, precintos ou similares colocados para establecer perímetros de seguridade implican unha infracción leve, multada con entre 100 e 600 euros.

A desobediencia ou resistencia á autoridade ou aos axentes no exercicio das súas funcións, así como a negativa a identificarse están cualificados como graves (de 601 a 30.000 euros). A desobediencia ou resistencia moi graves, poderán implicar, ademais, penas de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a dezaoito meses. No tocante á lei xeral de saúde pública, as sancións van de 3.001 a 60.000 euros (as graves) e de 60.001 a 600.000 (moi graves). Para o caso da lei do sistema nacional de protección civil, as multas atópanse entre os 1.501 e os 30.000 euros, e entre os 30.001 e os 600.000.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.