Unha festa, catro persoas nun coche e un can morto, entre as actuacións de onte da Policía Local de Ferrol

Os axentes localizaron en Catabois ao animal morto despois de que lle morderan dous akita inu
Imagen de archivo de dos agentes de la Policía Local
Imagen de archivo de dos agentes de la Policía Local

As últimas xornadas de confinamento en Ferrol deixaron un total de 13 infraccións e algunhas requeriron a actuación da Policía Local. No día de onte, dous cans potencialmente perigosos, de raza akita inu, atacaron a outro que paseaba coa súa dona nas inmediacións da estrada de Catabois.

A Policía Local de Ferrol foi requirida para comparecer na rúa Sagrada Familia tras o aviso de que dous cans estaban agredindo a un terceiro. Unha vez no lugar, os axentes observaron un rastro de sangre duns 50 metros ata o cadáver do animal atacado. Tras comprobar que os cans non se atopaban no domicilio do seu dono, iniciouse a súa procura o máis rápido posible para evitar máis incidentes. Foron localizados nunha finca a escasos metros da vivenda e atopábanse arredor de varias cabras, entre as que había unha ferida.

Posteriormente procedeuse á retirada de ambos os cans, que foron trasladados ao refuxio de Mougá ao carecer o titular de todo tipo de documentación dos mesmos e pola súa vontade expresa, xa que manifestou que non desexa facerse cargo dos animais nun futuro debido a que non é capaz de controlalos, manifestando tamén que asumirá todos os gastos dos trámites. Tampouco puido acreditar ser o propietario dos mesmos. O home enfróntase a varias sancións por estes motivos.

Tamén no día de onte, pasadas as oito da tarde, foron denunciados, por incumprir os preceptos do artigo 36.6 así como todas as disposicións relacionadas co estado de alarma e a restrición de liberdade de circulación de persoas, catro individuos que viaxaban no mesmo turismo argumentando que se dirixían a un supermercado a facer a compra, alegando que poden facelo porque se trata dunha primeira necesidade. Un deles xa foi denunciado en días pasados.

Apenas unha hora despois, ás nove da noite, a Policía Local escoitou gritos e portadas nun piso da rúa Narón. Unha vez alí, os axentes atoparon a porta da vivenda aberta e tres persoas no seu interior cantando e berrando. Unha delas era o propietario da vivenda, e as outras dúas, que non viven do domicilio, foron propostas para sanción por non cumprir o confinamento. Ambos alegaron que se aburren nas súas casas e que a diario acoden a cantar cos seus amigos.

Un día antes, o pasado martes, axentes da Policía Local acudiron pasadas as tres da tarde a un supermercado da rúa Perbes porque había unha persoa alterada. Unha vez alí comprobaron que o cliente non fixo caso cando o persoal lle indicou que non podía entrar porque ían pechar e xa estaba o aforo completo. Argumentou que aínda non era a hora do peche e, polo tanto, accedeu polo aparcamento, non respectando a cola de entrada pola porta principal. Os axentes, que comprobaron que a persoa estaba alterada e falaba nun ton moi elevado, propuxérono para sanción.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.