Ferrolterra xa ten 60 afectados por covonavirus: 11 casos máis que onte

Nos dous últimos días detectouse de media un novo positivo cada dúas horas
urxencias (2)

O área sanitaria de Ferrol segue a rexistrar novos casos de positivos por coronavirus. Por segundo día consecutivo o CHUF rexistrou once novos casos (un novo contaxiado cada dúas horas nos dous últimos días), deixando o total en 60 casos. Destes pacientes infectados por Covid-19, 22 atópanse en casa e 38 ingresados. Destes, 10 están na UCI e 28 en planta. A este casos hai que sumar os cinco falecementos rexistrados no área sanitaria de Ferrol dende o pasado domingo.

Respecto a este aumento significativo no número de infectados, cabe recordar que o pasado luns deron comezo os test dende o coche no hospital Novoa Santos o que aumentou significativamente o número de persoas controladas na comarca. Ademáis, onte na localidade de Ortigueira detectouse un foco de contaxio que xa afectara a cinco persoas e tiña a varias familias en alerta.

 

En Galicia os positivos ascende a 2.211, deles 552 son da área da Coruña, 140 da de Lugo, 302 da de Ourense, 260 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo e 388 da de Santiago.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.