Galicia autoriza a pesca marítima recreativa atendendo ás condicións do Estado

Tamén se permitirá facer comprobacións de mantemento e seguridade en embarcacións

A Xunta autoriza a actividade da pesca marítima de recreo en calquera das súas modalidades tendo en conta que se trata dun deporte individual ao aire libre, que non require contacto con terceiros e que permite gardar as distancias de seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidade. En base a isto, a Administración autonómica interpreta que tanto a pesca marítima de recreo como a pesca fluvial están entre as actividades permitidas na fase 0 do plan de reactivación do Goberno central trala alerta sanitaria polo coronavirus.

O Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria en Galicia (Cecop) tamén aprobou o acceso ás instalacións portuarias (pantaláns e varadoiros) para facer comprobacións de seguridade e mantemento das embarcacións durante a fase 0 da reactivación de acordo coas limitacións que en materia de desprazamentos. De feito, esta medida ten especial relevancia tendo en conta que na fase 0 poderán usarse embarcacións para a práctica de actividades deportivas de acordo coa normativa estatal.

Salir de la versión móvil