A área sanitaria de Ferrol segue a manter a tendencia das últimas semanas en canto ao número de contaxios por coronavirus. Dende o pasado lunes día 20 vense producindo un pequeno repunte no número de casos detectados froito da ampliación do número de probas realizadas. Ata o de agora son 407 casos os diagnosticados positivos por Covid nas tres comarcas, sete máis que onte.
Por outra banda, a meirande parte dos casos detectados son leves e apenas estanse a producir novos ingresos hospitalarios. De feito, actualmente só hai 29 doentes hospitalizados e, destes, só 4 permanecen cun pronóstico máis grave nas UCI. Ademáis ata o momento producíronse xa 86 altas.
A este total de casos hai que sumarlle as 27 mortes rexistradas ata o momento nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. 24 delas producíronse nos centros hospitalarios e as 3 restantes en residencias da terceira idade, onde se estima que hai ao redor dunha trintena de persoas afectadas entre residentes e traballadores.
Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.947, deles 1.667 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 1.325 da de Ourense, 576 da de Pontevedra, 1.236 da área de Vigo e 1.061 da de Santiago.