A área sanitaria de Ferrol rexistrou nas últimas 24 horas un leve descenso do número de casos activos por coronavirus, pasando de 31 a 28 persoas contaxiadas. Os ingresados no Aquitecto Marcide seguen a ser 4, mentres que o resto de doentes, un total de 24, permenecen nos seus domicilios en illamento.
Son xa 546 persoas as que superaron o virus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e obtiveron a alta epidemiolóxica. Tampouco se rexistraron novos falecementos relacionados co Covid-19 desde o pasado día 9 de maio, polo que o número de vitimas mortais segue a ser de 33, das cales 3 morreron en centros de maiores.
O CHUF continúa realizando ao redor de 120 test e PCRs diarios e xa son máis de 10.000 as probas feitas ata o día de hoxe, entre as do Marcide, do punto fixo de Novoa Santos e as que se realizan a domicilio. A instalación dun segundo punto de recollida de mostras no Novoa Santos permitirá obter unhas 30 mostras máis a o día, según a previsión do Sergas, que traballa para a identificación temprana de novos casos.