Mantense en 28 o número de casos activos por Covid-19 na área de Ferrol

Hoxe cúmprense dúas semanas desde o último falecemento relacionado co coronavirus
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe que na última actualización o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Isto significa que as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal manteñen o número de contaxiados e tamén o número de ingresados no Arquitecto Marcide, que son a día de hoxe 4 doentes. Os outros 24 casos activos permanencen no seu domicilio.

Sí aumentaron os casos non activos, que son xa 548, o que significa que eses veciños e veciñas xa pasaron o virus e presentan inmunidade contra o Covid-19. O que se mantén estable é o número de falecementos desde o pasado 9 de maio, polo que as vítimas mortais do coronavirus son 33 na área sanitaria.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.