A Xunta da luz ver ás expropiacións para as obras da AC-862

Os traballos de mellora desta primeira fase afectarán aos municipios de San Sadurniño, Moeche e Cerdido
12687279

O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar o proxecto de mellora da capacidade e seguridade da estrada AC-862, que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira.

O orzamento estimado desta intervención ascende a máis de 6,47 millóns de euros, aos que se engaden uns 677.000 para o pagamento das expropiacións dos 178 predios necesarios para a mellora da estrada de Ortigueira.

Trátase da primeira fase de acondicionamento do treito comprendido entre a AG-64 e Ponte Mera, ao seu paso polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cerdido. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten prevista a licitación do contrato de obras a finais deste mes de marzo.

En total, nesta primeira fase habilitarase un novo un terceiro carril de adiantamento ao longo de 3,8 km, ademais de mellorar o carril adicional actual existente en sentido Ferrol. A actuación iniciase unha vez superado o núcleo de San Sadurniño e tras deixar atrás o enlace coa AG-64. As principais actuacións proxectadas son a corrección de trazados nos treitos curvos, mellora e redeseño das interseccións existentes de ser posible e o encaixe e dimensionamento de carrís lentos, naqueles treitos onde é viable. Tamén se prevé a revisión e acondicionamento da sinalización vertical e horizontal e a análise dos xiros á esquerda e da seguridade viaria.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.