O Concello de Moeche suspende a Feira do Queixo polo Coroavirus

O goberno local atende ás recomendacións sanitarias lanzadas polos gobernos estatal e autonómico
IMG_2824

Esta mesma mañá o Concello de Moeche decidiu suspender a V Feira do Queixo que ía celebrarse este domingo 15 de marzo na Nave do Mercado de San Ramón. A medida tomouse a raíz das recomendacións sanitarias lanzadas polos gobernos estatal e autonómico de cara a reducir ao mínimo as posibilidades de contaxio do Coroavirus ou Covid-19 e, nomeadamente, a que se refire á organización de eventos  en espazos pechados onde estea prevista unha afluencia de público superior ás 1.000 persoas.

O consistorio xa contactou con todos os postos inscritos e outros participantes para comunicarlles a decisión de suspender a feira, así como a sua intención de aprazala para comezos do outono ¡ previsiblemente para o mes de outubro- mantendo o mesmo programa.

O Goberno local considera que se ben Galicia é unha das comunidades con menos contaxios confirmados, é necesario atender as medidas preventivas que recomendan adoptar tanto o Ministerio de Sanidade como o SERGAS para minimizar a propagación do virus.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.