Mugardos fai un seguemento dos seus veciños de máis de 70 anos

O Concello quere ter controlada a unha parte da veciñanza especialmente sensible ante a crise sanitaria
AdobeStock_120072431-1024x684

O Concello de Mugardos leva días traballando na localización dos maiores que están a pasar máis dificultades durante o confinamiento establecido polo estado de alarma.

Unha vez localizadas as persoas máis vulnerables (maiores de 70 anos, persoas enfermas, usuarios dos servizos sociais) a Policía Local desprázase aos seus domicilios para coñecer o seu estado e as posibles necesidades que puideran ter. Logo de ser identificadas as necesidades, a Concellería de Benestar coordina os servizos para cada un dos usuarios de xeito personalizado.

“As necesidades máis habituais que presentan os maiores son ir á farmacia ou facerlles a compra, a algún tamén xestionámoslle a teleasistencia” di Ana Varela, concelleira de Benestar. “Queremos ter localizados e monitorizados a todos os maiores que neste momento estén pasando a cuarentena no noso Concello. Estamos á súa disposición para o que poidan necesitar, por eso pedímoslle a aqueles cos que aínda non contactamos e que pensen que os podemos axudar, que se poñan en contacto connosco”.

Por último, Ana Varela agradeceu o traballo que están a facer tanto os traballadores municipais coma os voluntarios “É impresionante. Cada día de traballo de todas estas persoas é un día no que melloran a vida da xente. Estamos moi orgullosos de todos eles, e de todo o que están a facer polas mulleres e homes de Mugardos”. As persoas interesadas en contactar co Concello poden chamar de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas ao 981 470 338 (extensión 2) ou chamando ao número da Policía Local 629 416 969.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.