Mugardos incorpora a dous auxiliares de Policía ao corpo

O Concello firmou fai 2 meses un convenio coa Academia Galega de Seguridade Pública co que se adheriu á súa bolsa de contratación
91569533_2582856381936211_5066427887188443136_o
Publicidad

O Concello de Mugardos formalizou a incorporación de dous auxiliares de policía que formarán parte do corpo municipal durante os próximos seis meses. Ambos incoporaranse de inmediato ás súas tarefas e elevarán o total da plantilla da policía ata os 5 efectivos (3 axentes e 2 auxiliares).

As principais labores dos dous novos membros da plantilla da Policía Local serán as de auxilio aos veciños e veciñas, a colaboración cos funcionarios da Policía Local así como a vixiancia e custodia dos bens e servizos municipais. Igualmente velarán polo cumprimento das ordenanzas, bandos e demáis disposicións municipais.

“A incorporación deste dous auxiliares permitirá reforzar o traballo da Policía Local nestes tempos de confinamento. As tarefas da Policía Local estes días non son as habituais, pero a carga de traballo para eles é enorme” sinalou o concelleiro de personal Miguel Mahía logo de firmar a incorporación dos dous auxiliares. O Concello firmou fai 2 meses un convenio coa Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) co que se adheriu á súa bolsa de contratación, e axilizou os procesos selectivos.

Relacionadas