Mugardos inxectou 1,7 millóns de euros de liquidez aos proveedores en seis meses

No próximo pleno volverá a tramitarse unha nova modifición de crédito para facer fronte ás débedas con pemes e autónomos
Casa_do_concello_de_Mugardos

A Concellería de Facenda e Persoal de Mugardos anunciou onte a tramitación dun novo recoñecemento extraxudicial de crédito para a súa aprobación no próximo pleno ordinario previsto para o día 29 deste mes, e que permitirá a posta ao día das débedas con pemes e autónomos aos que o Concello debía máis de 1.710.000 euros.

“No mes de xuño teremos recoñecidas, aprobadas e pagadas todas as débedas cos provedores particulares que tiña o Concello de Mugardos cando chegamos ao goberno», explicou o responsable da Concellería de Facenda, Miguel Mahía.

Desde o departamento informan de que nestes momentos seguen traballando en 3 eixes fundamentais: modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal que permita dotar de maior flexibilidade á plantilla e adaptala ás necesidades reais do traballo, os orzamentos deste 2020 e o Plan Económico Financieiro (PEF) ao que a administración local viuse abocada polos incumprimentos económicos dos últimos anos.

Desde o goberno local explicaron que “os orzamentos de 2020 permitirían pagar este ano débedas pendentes de pago que o Concello de Mugardos ten desde fai anos, como os 320.000 euros adebedados ao Concello de Ares, os 40.000 euros pendentes de pago a EMAFESA e 120.000 euros en concepto de horas extraordinarias pendentes aos traballadores municipais. Ademáis, a pandemia do COVID-19 require inversións importantes en canto a urbanismo, obras, maquinaria ou asistencia social que podería afrontarse xa este mesmo ano” sinalou Mahía.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.