A concellería de Servizos e Medio Ambiente de Mugardos levou a cabo a renovación completa dos contedores destinados á reciclaxe de aceites de uso doméstico, coa instalación dun novo modelo de contedor para o servizo de recollida.
A actuación inclúe a renovación de todos os contedores xa instalados, a reposición dos contedores que foran retirados por desperfectos e a ampliación dos puntos de recollida, como o novo contedor instalado na Avenida de Bello Piñeiro. Desde a concellería lémbrase aos veciños e veciñas que o aceite doméstico unha vez usado pódese reciclar depositando nos contedores de recollida o aceite usado en botellas plásticas sen bolsa.
“A reciclaxe de aceites de uso doméstico é unha acción que non só axuda a protexer ao medio ambiente evitando a contaminación de ríos, tamén evita que prexudique á rede de saneamento, e permite o seu aproveitamento para produtos como biodiésel ou pinturas. É un pequeño xesto que pode axudar moito” sinalaron den o Concello.