Mugardos retoma os traballos de renovación do alumeado público no casco urbano

Nesta primeira fase investiranse máis de 230.000 euros e próximamente iniciarase a licitación da segunda
Obras alumeado público fase 1

O Concello de Mugardos retomou no de hoxe os traballos de mellora no alumeado público, logo de terse retrasado a causa das limitacións nos traballos que impuxo o estado de alarma a causa da pandemia do COVID-19. Esta primera fase estanse a realizar no casco urbano de Mugardos alcanzando as rúas Casás, Areosa, Casas Baratas, O Cristo e Pedrosos, e unha primeira intervención (que posteriormente será ampliada) na Avenida do Seixo.

As obras iniciadas, por importe superior aos 230.000 euros financiadas polo Concello de Mugardos e fondos FEDER co IDAE, consisten na sustitución de luminarias, cadros de luz e mellora das instalacións. Desde o goberno local explicaron que confian en «rematar canto antes os traballos que darán por fin solución aos numerosos problemas de avarías do sistema de alumeado público municipal”.

A segunda fase, cun orzamento de 244.261 euros e centrada íntegramente na parroquia do Seixo (Bello Piñeiro, Coruto e Boado), iniciará a licitación próximamente, logo de estar xa aceptada a subvención; e a terceira e última das fases deste plan integral de mellora do alumeado público mugardés con actuacións previstas na parroquia de Franza e no resto do territorio municipal xa ten rematado o proxecto e está á espera da nova convocatoria para a súa presentación.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.