Os enfermos crónicos de Mugardos reciben 500 mascarillas do Concello

Será o centro de saúde o que fago o reparto seguindo criterios estritamente médicos
Donación mascaillas 3 (1)

O Concello de Mugardos fixo hoxe entrega no centro de saúde de da vila das 500 máscaras adquiridas para repartir entre os enfermos crónicos do municipio. O goberno local pretende con esta medida «facilitar a protección dun dos colectivos máis vulnerables». Trátase de máscaras de tipo cirúrxico que se reparten co obxectivo de dar acceso gratuíto á poboación a este material de protección.

O reparto farase desde o centro de saúde seguindo criterios estritamente médicos. As persoas con enfermidades crónicas que non dispoñan de máscaras, poden poñerse en contacto co centro de saúde chamando por teléfono ao 981 470 836.

Desde a concellería de Benestar confirman que se segue a traballar na elaboración de máscaras reutilizables cun equipo de 40 voluntarios e voluntarias, co obxectivo de alcanzar ao total da poboación, e que no momento de telas preparadas repartiranse en todos os domicilios do municipio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.