Reganosa doa 11 tablets á escola infantil de Mugardos para favorecer a formación a distancia

O colexio Unión Mugardesa prestará estes dispositivos a algúns alumnos mentres dure o estado de alarma
tablets

Reganosa doou hoxe ao colexio de educación infantil e primaria plurilingüe Unión Mugardesa 11 tabletas. Con este material, a multinacional galega da enerxía pretende apoiar ao centro no seu esforzo por estender a todo o alumnado a formación a distancia, unha modalidade fundamental na actual situación de pandemia ocasionada polo covid-19.

As tabletas foron recollidas na terminal de gas natural licuado de Mugardos por membros de Protección Civil, que posteriormente as entregaron no CEIP da localidade. O seu director, Miguel Picado, agradeceu a Reganosa a doazón. “Como o resto do material informático do centro, estas tabletas porémolas agora a disposición das familias en réxime de préstamo. E, cando finalice todo isto, incorporarémolas ao traballo na aula”, explicou.

Relacionadas