Comerciantes e goberno de Narón impulsarán unha campaña de promoción do sector

O obxectivo é reactivar o consumo entre os veciños no pequeno comercio para paliar os efectos do peche forzoso do Estado de Alarma
naroncomercio

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, mantiveron na tarde de onte unha reunión, de xeito telemático, con representantes da Asociación de Comerciantes de Narón.

O encontro, convocado polo goberno local, tiña entre as súas finalidades abordar o desenvolvemento dunha campaña sobre o comercio local, “plantexada co obxectivo de ofrecer ao sector a colaboración do Concello para paliar as perdas que rexistra o sector tralo cese na súa actividade na maioría dos casos ou a merma de ingresos debido á crise sanitaria pola Covid-19”, explicou Ferreiro.

No transcurso da reunión Ferreiro e Pita analizaron cos comerciantes algunhas cuestións relativas á actual situación do sector e quedaron en reunirse de novo dentro duns días para poder concretar algunhas opcións respecto a esta nova iniciativa.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.