O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol, denunciou onte a un condutor que, ademáis de saltarse o confinamento, arroxou taxas de 0,30 e 0,31 mg/l en aire expirado. Os feitos ocorreron tras unha chamada de emerxencia para que a patrulla acudise a un sinistro na DP-5404, no lugar de San Clemente, no termo municipal de Narón.
Unha vez no punto, os compoñentes da patrulla atopáronse a unha muller embarazada á beira do turismo accidentado. A Garda Civil comprobou que o vehículo sufrira unha saída de vía pola marxe dereita e que a moza, que figuraba como titular do turismo, estaba ilesa pero algo nerviosa. Ao interrogarlle polo motivo do desprazamento, a muller empezou a dar unha versión inverosímil polo que, trala insistencia dos axentes, confesa que ela non era a condutora no momento do sinistro, senón a súa parella sentimental.
Instantes despois apareceu no lugar o suposto condutor, quen manifestou que sufrira o accidente ao vir de visitar a un amigo e que estivera tomando algo con el, polo que foi sometido á respectiva proba de alcoholemia. O resultado foi unha sanción aparellada de 1.000 euros e a retirada de 4 puntos do crédito do permiso de condución. Ademáis, ao non respectar o condutor a obrigada restrición de mobilidade decretada durante o Estado de Alarma, procedeuse a confeccionar as denuncias oportunas.